Hoxe, mércores 26 de maio, temos unha cita ás 20:00 horas na Faisca. Falaremos, xunto con Manuel Moreira, dos ventos privatizadores que se nos veñen enriba dun modelo sanitario público.
A loita pola defensa deste modelo sanitario é algo que nos compete a todos e todas. Máis alá da perda de 1.500 postos de traballo hai tamén o derrube de todo aquelo que teña o máis mínimo cheiro a público.
Para o neoliberalismo hai negocio mercantil en tódolos sectores da sociedade. Incluso na saúde, ensino, administracións,..., absolutamente en todo.
A gravidade é tal que ou freamos en Vigo o seu primeiro embite, ou entrarán polo país coma xa fixeron no resto do estado español.
Xa falan directamente e sen taparse do sistema de Copago. A máis dos impostos que temos para manter estes sewrvizos públicos teremos un novo pago por cita a consulta, a urxencias, ..., coma xa ben sendo noutros lugares.
E tempo de rebeldía, máis a ausencia de organizacións sindicais, sen ser costeadas polo estado, fannos un pouco bastante máis dificil na nosa loita. CC.OO. e UGT. estan a dia de hoxe máis preocupados en lavala súa imaxe, que en facer o que lles debería nestes tempos. Unha folga xeral que demanda toda a clase traballadora, máis que só a CIG fai propio tal discurso.
A realidade é que en solitario non hai capacidade, e iso que falamos de 90.000 afiliados e afiliadas polo pais.
E abofé que é unha magoa, porque é tempo de arma-la! E tempo de sai á rúa, con todo!
Sem comentários:
Enviar um comentário