quarta-feira, 28 de abril de 2010

1º de Maio!

Dia de reivindicación obreira. Na manifestación da CIG, que partirá as 12 dende o Calvario, coma tódolos anos, haberá traballadores e traballadoras de tódalas empresas de Vigo e bisbarra. Son moitas as que estan a ter moitos despedimentos, expedentes de regulación de emprego, e en definitiva son moitos os traballadores e traballadoras afectadas por unha situación moi complicada.
Dende hai moito tempo a CIG camiña no primeiro de maio en solitario polas rúas de Vigo, máis faino a gusto e convencida de que é o millor para a clase traballadora. Nos estamos pola defensa dos intereses dos homes e mulleres que viven do seu traballo. Outros, non. Outros terán de demostrar non poucas cousas antes de poder afirmar cun minimo de credibilidade. Hai tempo que trocaron ese verbo polo de firmar, ou asinar, e alegremente o fan contra dos intereses da clase traballadora. Pasar de 15 a 35 anos de período de cotización para ter dereito á xubilación foi grazas entre outros a UGT e CC.OO.
Que lles vaia bonito na súa manifestación unitaria e que sexan 100.000. Nós non imos chegar as metas por eles marcadas, pobre de nós. Máis seguro que os traballadores e traballadoras saberán que é o millor para eles. Patria ou Morte! Viva o 1º de maio!

segunda-feira, 26 de abril de 2010

Comentarios!

Atras quedou unha seman do máis completa. Mobilizacións d a Cruz Vermella, do Hospital Xeral e Meixoeiro, Concentración e recibimento "axeitado" ó Feijoó. (máximo responsábel das desfeitas da nosa sanidade) Palestra na cova dos ratos, e manifestación en Compostela en defensa de tódolos servizos públicos.
As mañas da policía, dirixidas polos poderes políticos, tamén endureceron a súa postura. Pasamos de ser silenciados a criminalizados, máis iso xa estabano seu guión.
Pensaban que isto sería cousa de duas ou tres semáns; máis seguimos na loita pola defensa dos nosos intereses, sociais e laborais.
Teremos tamén en contra a esas centrais sindicais que xogan ó tema das subvencións a tódolos níveis. Os que amedrentan ós traballadores e traballadoras con medo de ser identificado e multado. A eles decirlles que o meu traballo vale máis que 600 euros de multa ou algún porrazo. E máis, iso nos da máis razóns e máis forzas para seguir a pelexar pola defensa das causas xustas.
Nos conflictos só gañan aqueles e aquelas que se saben sobrepor ó medo. Os demáis son pasto das lapas da terra queimada que os politicos van deixando a ambolos lados do camiño polo que se marcan.
Non houbo, non hai, e non haberá endexamais unha loita que se teña gañada dende a pasividade. Pola contra as que se gañan son as da loita!

25 de Abril, por Compostela!






Onte tocou defendelos servizos públicos polas rúas de Compostela. Todolos colectivos de servizos afectados polos ventos privatizadores demonos cita para berrar con forza que non imos tolerar a perda dun só dereito ou servizo. Que non pode haber un só paso atrás nesta loita.
Convocados pola CIG asistimos varios milleiros de galegos e galegas, por fin, baixo un dia sen choiva.
Compre salientar que había traballadores doutras centrais sindicais que non teñen manifestacións das súas centrais. Parece que non vai coneles. E máis, o dia anterior estaban no congreso comarcaal do PP en Vigo. Sorprendentemente así foi. Algún non damos crédito xa das cousas aínda que logo entendemos outros comportamentos que van moi lonxe dos intereses sindicais dos traballadores e traballadoras. Máis serán estes os que teñan de explica-lo ós seus.

sábado, 24 de abril de 2010

Os medios xa non poden silenciarnos!


Onte a policía actuou duramente contra das mulleres que defendian a sanidade pública. Tamen contra os homes que vestidos co traxe do frac defendían as súas vivendas e parcelas expropiadas por unha miseria. A miseria da policía é esa, servilismo ó señor ese que goberna contra dos intereses do seu pobo.
Non tiveron o máis mínimo motivo para agredir brutalmente, escondidos cobardemente entre os asistentes e vestidos de paisano, contra dunhas mulleres. Esa é a grandeza do seu traballo. Que alguen lles diga que hai mulleres de policías afectadas nese conflicto. Que algunhas poderían ser a súa nai, máis que lles importa a eles. Sempre a costas da xente; logo entenderán a simpatía que despertan, que é moita.
Os medios, benvidos á realidade que ate o de agora achantaron. Cando eles son victimas dunha refrega saen e boicotean roldas de prensa, coma no seu dia fiseron na folga do metal. Agora teñen unha oportunidade para ser ecuánimes e facelo propio, boicoteando unha rolda de prensa convocada polo Feijoó. Nos, ilusos, agardamos!

Palestra na cova dos ratos!




Onte tivemos a oportunidade de falar da sanidade pública e do que queren facer conela os elementos do PP.
Grazas ó foro que nos abriron tivemos unha ocasión inmellorabel nun entorno idoneo, moi acolledor.
Tivemos a sorte de compartir "cartel" con Manolo Moreira. Quen nos fixo unha exposición do máis pedagóxica e con gráficas que amenizaron a cantidade de dados que nos trouxo.
Dende eiquí queremos agradecer que se nos teña convidado, e nos recomendamos este lugar onde poder un tomarse algo e charlar con total comodidade.

Venres movidito, con Feijoó por Vigo!





Onte viña o Feijoó a inaugurar sabe deus que cando se atopou con que o mogollón de despedidos e despedidas que vai deixando ó seu paso, xunto cos afectados do porto seco de Salvaterra, lle fiseron un paseo máis que "triunfal".
Onte poido ver coma ten unha morea de votos agardando por él en Vigo e bisbarra. Debera darse conta de que a cousa se lle está a por "malita", aínda que terá de ver se llelo arranxan na sanidade privada. Eu non confiaría demasiado, máis alá él.
Gostarianos saber onde vai facelo chalet cos cartos que lle van dar por vende-la sanidade. Canto lle dan? Se non quere vir máis por Vigo. Teremos unhas oficinas do INEM repletas de despedidos e despedidas. Quererá vir a inauguralas? Esa sí que pode dicer que é obra súa!

quinta-feira, 22 de abril de 2010

terça-feira, 20 de abril de 2010

domingo, 18 de abril de 2010

Mais accions na vindeira seman!


O vindeiro mércores todos e todas temos unha cita en Vigo. As 20:00 manifestación de apoio ás 70 persoas que van quedar sen emprego, porque a Cruz vermella quere pechalo seu hospital deixando a Vigo sen un dos seus emblematicos centros hospitalarios. sairemos conelas polas rúas da cidade, acompañando a unhas loitadoras incansábeis. Temos de estar conelas, e tí tamén. Ben o teñen merecido, así coma o noso respeito e ademiración.
O xoves tocanos a nos voltar a toma-las rúas da cidade en defensa da sanidade pública. Nesta ocasión sairemos tamén ás 20:00 horas, máis remataremos diante da delegacion provincial do SERGAS.
O venres nova charla, Na cova dos ratos, en Rúa Romil, nº 3. Falarán Candido Gonçálves, e a ver se pode acompaña-lo Manolo Moreira.
O 25 de Abril, dia da revolución dos craveis teremos unha manifestación en Santiago, en defensa dos servizos públicos. aínda que convocada pola CIG. Non imos faltar, aínda que temolo corazón partido pola mani en Portugal.

quinta-feira, 15 de abril de 2010

Pontevedra en defensa da sanidade pública!

Mañan venres temos ás 20:00 horas unha cita en Pontevedra. una manifestación percorrerá as rúas da capital para reivindicar un sistema sanitario público. Monecelo é o referente para elo, fronte a novos hospitais que traerán consigo financiamento privado, o que implica copago e privatización de inmediato.
Pontevedra ten de ser un clamor popular, e alí estaremos.
De Vigo sairán tantos autobuses coma sexan precisos. Non hai problema de desprazamento e si comodidade para facelo.
Na liña sindical marcada, estaremos en Pontevedra e en tódolos lugares do pais, na defensa dun sistema sanitario público.
Podemos dicer sen temor a errar que Vigo vai estar moi presente na súa capital. Non haberá tregua para aqueles e aquelas que poidan ter apostado por facer negocio a conta da nosa saúde.
Comadiría Castelao "O verdadeiro heroismo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" E a elo estamos. A por un sistema sanitario público, galego, e de calidade.

terça-feira, 13 de abril de 2010

A CRUZ VERMELLA

O mércores 21 de Abril temos de participar todos e todas na manifestación de apoio ós traballadores e traballadoras da Cruz Vermella.
Estaremos alí para pelexar con tódalas nosas forzas para evitar a perda de 70 postos de traballo e a perda doutro centro hospitalario da nosa cidade. Un paso máis na desmantelación da estructura que a sanidade pública ten na nosa cidade e a sua bisbarra.
Non debemos nen imos ficar impasivos ante outra desfeita. E de non ser quen de dete-los haberá máis. Porque éstes non entenden outra linguaxe, tristemente.
Estamos e estaremos sempre conestas traballadoras tan loitadoras que levan non poucos días manifestandose de mil e unha maneiras para evitar o peche deste emblemático hospital da nosa cidade. a nosa admiración á súa loita, á súa causa.
Soñar non costa: Que tería sido do conflicto do Novo Hospital de Vigo se todos e todas seguisemos seu exemplo? Abofé que sería 100% público.

sexta-feira, 9 de abril de 2010

Manifestación do mércores.






Aquí podemos ver varias secuencias da concentración que ematou en manifestación o pasado mércores 7 de abril. Moita asistencia e moita animación. As forzas permanecen en perfeito estado. Unha maravilla.
Agradecer tódals mostras de cariño que hoxe recibimos dende que entramos en lencería, a recollelo uniforme, ata a mesma hora de saída. Onde todos e todas perguntaron polo incidente acaecido coa policía ó termino da manifestación. Non aconteceu nada fora do normal. Tentan calarnos con sancións e advertencias, e aquí seguimos. Non pasou nada e non ten que ser motivo de amedrentamento que alguen nos pida a documentación. Os culpábeis non somos nós, faltaría máis. Os culpábeis son quen os mandou vir. Os que queren deixar ó seu paso 1.500 despedimentos e un edificio emblematico da cidade reducido a escombros.
Animo compañeiros e compañeiras. As nosas armas son a palabra e a cámara de fotos, e aínda que soe a risa ou broma as veces son máis perigosas que o fusil do millor francotirador. Aquí estivemos, estamos e estaremos, mentras todos e todas teñades a mesma valentía e forza que ata o de agora. Venceremos!

quinta-feira, 8 de abril de 2010

Unha de policías!

Para a manifestacion de onte en defensa da sanidade publica a nota salientábel é que coma ven que non nos imos deter nas mobilizacións optaron pola prohibición. Coma seguimos cara adiante, sen medo, a resposta foi identificar ó responsábel para denuncia-lo. As traballadoras responderon moi ben al grito de "Responsábeis somos todas"
Non ficaron ahí, outro que vos escrebe tamen foi identificado por lles facer fotos no momento da súa presenza. Temos fotos da manifestación e deles exercendo a represión que lles mandou facer tanto o Feijoó coma o Delegado do Governo, un fulano do PSOE. Aínda así e a xeito de protesta imos estar 24 horas sen imaxes. Para que vexan que aínda sen imaxes non imos ficar calados e caladas. As entradas neste blog e en www.chuvisolucion.blogspot.com estan a ser non poucas.
Primeiro o silenciamento dos medios, despois a información manipulada e sesgada, logo a polía, ..., e mañan? A solución é desistir da sanidade privada, porque imos resistir ate vencer!

terça-feira, 6 de abril de 2010

Domingo, 11 de Abril: Ferrol!

Estase a falar nestes momentos dende a xunta de Persoal a posibilidade de fletar autobuses para asistir á manifestación do vindeiro Domingo, en Ferrol. De non facelo a xunta de persoal a CIG vai fletalos autobuses para garanti-la nosa presenza. Compre asumi-lo compromiso, polo moito que temos en xogo. Máxime cando eles sempre asistiron ás mobilizacións de Vigo, e Compostela.
Probabelmente algúns teremos de traballar, máis de non ser así é un bo dia para collerse á familia (ou que esta colla a un), e ir pasa-lo día a Ferrol e camiñar na compaña dos tolos que non queren a Sanidade Privada.

segunda-feira, 5 de abril de 2010

Cruz Vermella!




Parados do Naval

Acabamos de estar con dous dos compañeiros que estan a formar parte deste asentamento e comentan que estan a receber moitas mostras de apoio e solidariedade. Fronte ós que os querían criminalizar hai uns meses dende medios de comunicación afíns ó PP a realidade está a ser ben outra. Coma dicía hoxe, Sofi Barreiro, todos somos UN!
As mostras de adhesión á súa causa estan a ser a millor resposta á tanta destrución de emprego, a tanto desmán de catro aproveitados que se queren enriquecer a costa de quen lles caia por diante. A resposta está a ser: loita, sen tregua!
Mañan van te-la presenza da televisión privada TELECINCO. Será interesante ver coma este traballadores e traballadoras, dispostas a todo, saen para o resto do Estado. A súa problemática é a nosa. Animo compañeiros e compañeiras!

sábado, 3 de abril de 2010

www.chuvisolucion.blogspot.com

Outro dos espacios creados para vencer ó illamento informático que padecemos. Creado dende o primeiro dia do conflicto e moi visitado POR TODOS E TODAS. Duas mil seiscentas entradas en tan pouco tempo foron a mostra máis evidente de que con imaxinación, inxenio, podemos rachar con todas e cada unha das barreiras que nos levanten.
Un conflicto, un blog. Unha loita, un blog,...
Que importa que eles non conten de nós, se nós temos lugares de reunión, de debate. Fagamoslle un estado paralelo. Non precisamos deles, e eles si dos traballadores e traballadoras.

Do 25 de Marzo á grande a nivel Nacional!





Algunha destas pancartas era da plataforma en defensa da sanidade pública, de Ferrolterra. Agora tocanos a nos ir a Ferrol, a nos manifestar o vindeiro domingo 11 de Abril coneles polas rúas de Ferrol. Aquelas que hai moitos anos foron testemuña directa do asasinato de dous traballadores do Naval, Amador e Daniel, sempre presentes na nosa mente e no noso corazón.
Antes teremos, o vindeiro mércores, unha manifestación polo mesmo tema, en Pontevedra.
A loita é o camiño, e imos loitar ata vencer. Sería un crime imperdoábel non face-lo. Por nós, e por tódolos homes e mulleres que durante anos e anos pagaron co seu esforzo o dereito á nosa saúde, adiante!

Seman de relax previa a unha de mobilizacións!

Na seman que entra imos ter unhas mobilizacións en Pontevedra e Ferrol. A idea é a de traballar cara unha grande mobilización no país. Compostela ten de recoller a máis grande manifestación. Esa qure nos leva na mente ás feitas cando a marea negra do Prestige. Daquela po goberno do Pp tambaleouse de tal xeito que hoxe unha semellante failles tremer. A idea de poder pasar polo mesmo é a posibilidade máis real que temos de vencer.
Non temos que mirar cara o estado español, xa que a nosa forza quedaría moi diluida no conxunto xeográfico. temos de ser quen sen complexos fagamos frente a estes españois que nos queren importar seu modelo sanitario, precisamente privado e importado dende España.
Agora temos de pelexar porque na Galiza o noso sistema sanitario sega aser igual. Publico e de Calidade!

Abril vencerá!

Que paradoxa! Frente ó Campamento dos parados do Metal a xente que non quere ver unha realidade consumindo coma se nada acontecese. A realidade tamén é esta. Non vai comigo, ata que son un dos afectados e afectadas.
A súa acción de se mobilizar está tendo xa moitos ollos e corazóns obreiros de apoio. Cada vez son máis. A resposta a este humilde espacio está a ter moi boa incidencia entre os traballdores e traballadoras da Sanidade Pública. Temos de extendelo coma un regueiro de polvora. A que nos leve a publicitar cun grande estruendo que nos non imos ficar calados. Imos batallar, coma traballadores e traballadoras que somos. De non ser así non seremos merecedores da nosa clase social. Patria ou Morte!

Coma non pode ser doutro xeito. Quen millor recolle o sentimento de rebeldía que un Che Guevara ou un Moncho Reboiras?