domingo, 29 de agosto de 2010

Ahí ven, Setembro!

A dous dias da entrada do mes de setembro, reiniciamos a andaina de novo. un mes que vai rematar nunha folga xeral para derrubar a nova frefofrma laboral. A que vai rachar aínda máis coas xa tocadas condicions de vida laboral dos traballadores e das traballadoras. Hai de arma-la! Con todo, e sen tregua!
Cada dia as novas veñen todas na mesma liña. Centos e centos de despedimentoss, e a dinamica continúa e continúa. Parece non rematar nunca.
E xa abonda de ser sempre os mesmos os que sufran as graves consecuencias.
Magoa que moitos e moitas perden o tempo en discutir se PP ou PSOE: son a mesma merda!
outros, pola contra, parecen ser felices porque son traballadores precarios no millor dos casos, máis dun país que xa gañou un "mundial". O futbol segue a ser narcotizante, coma nos tempos de Franco. Manda carallo!

quarta-feira, 4 de agosto de 2010

5 de agosto

Mañan 5 de agosto teran unha reunion co colectivo de traballadores e traballadoras afectadas pola privatización da sanidade en Compostela dous mandos ou xefes de segunda fila.
A Farjas e o Feijoó non poden sentarse a unha mesa cos traballadores e traballadoras. Coma moito nos mandan a estas dúas "señoras" a transmitirnos moitas intencións boas de solución, máis nada de certo. Agardaremos!
Tamen mañan o Feijoó irá a inaugurar unha carallada a un pobo de Galiza, Cerdedo.
Hai tempo que xa estamos en campaña para as municipais, e hai de traballar arreo.
Os amigos do PP parece que o teñen de maravilla, porque a alternativa é apoiar ós que acaban de abaratar aínda máis os despidos. Agora a 20 dias. E iso grazas ó amigo Zapatero.

Anxel Casal

Tal dia coma hoxe, 4 de agosto de 1936, fusilaban ó editor, impresor e alcalde da cidade de Santiago de Compostela. O seu imperdoábel delito era o de ser-lle fiel ó goberno da república. Escollido democráticamente polo pobo.
Os tempos son chegados e a memoria segue a lembrar ós nosos heroes.
Morreron para viver na memoria e no recoñecemento da xente de ben. Anxel Casal, presente!

domingo, 1 de agosto de 2010

Despidos baratos, baratos!

Está claro que son as duas caras da mesma moeda. Anverso e reverso para entre eles agredir sistematicamente á clase traballadora. A 20 dias, e cun limite de mensualidades, non vaia a ser o conto, teran o despedimento a prezo de saldo.
Cando mais gañan as grandes empresas dase a paradoxa que se lles dan tamen maior beneficio coa man de obra.
E a nos nos baixan un 5% do salario. Capitalismo puro e duro.
agora só falta atoparse retrasados discutindo si PP ou PSOE.
Que fagan unha alianza. E non será a primeira vez. Mirade para Euskal Herria. alí van collidos da man.

sábado, 17 de julho de 2010

Agreden en tódolos sectores productivos!




Tanto lles ten que sexa sector público ou privado. Metal, Quimicas, Saúde, Servizos,..., en tódolos frontes posíbeis. O capital non ten reparos.

sexta-feira, 16 de julho de 2010

Nin un minuto de tregua!



Estamos inmersos no vran e seguimos na loita diaria. Convenio do textil en Pontevedra. Loita contra o expedente de regulación de emprego en COAGA, Ourense,... e así dia tras día. A sociedade ten de ir a por unha folga xeral que tumbe a enésima agresión á clase traballadora. A ver se vai pasando a narcotización do fútbol, que deixou a un lado a grave situación pola que atravesamos, nós, A CLASE TRABALLADORA, e non a sociedade coma ente abstracto. Nós, reitero, a clase traballadora, as clases máis desfavorecidas.

sábado, 3 de julho de 2010

Tempo de mobilizacións!



Para acadar logros, por pequenos que sexan, só hai un camiño. O combate, a loita.
Na historia do movemento obreiro non hai un só exemplo de conquista que non veña da man dunha posición de forza. Non hai o primeiro dos exemplos que non veña por ese camiño.
Hoxe estan en folga os compañeiros e compañeiras do comercio da provincia de Pontevedra. En Ourense os compañeiros de COAGA, mobilizandose en contra dun expedente de regulación. E así por todo o país. Agora imos amosar cal é sempre a resposta dos grandes defensores da democracia, dos dereitos da poboación, do que eles din o conxunto da sociedade.

3 de xullo de 1528!

Tal día coma hoxe, máis no ano 1528, constituíase o Reino de Galicia en Santiago de Compostela. Lembrarllela a todos aqueles e aquelas que non entenden a nosa defensa e a nosa loita pola liberación nacional e social do noso pobo.
Galiza só ten futuro coma pobo, con plena soberanía. O contrario seguiranos lastrando, coma até agora, a un estado ruinoso coma é o español.

domingo, 27 de junho de 2010

Un novo apoio ás loitas do pasado ano no sector do Metal!


Moitos e moitas adicaronse nos últimos tempos a falar do grande fracaso nas loitas obreiras do Metal, pola negociación dun convenio colectivo. A cada quen máis "brilante" buscando culpábeis de non ter acadado un éxito aínda maior.
Todo era soportado polos compañeiros e compañeiras que estiveron ó frente, e na rúa, cos traballadores e traballadoras.
Acontece que 2010 está a ser un ano lapidario para aqueles que decían que todo fora un grande erro.
Casualmente, neste ano, os traballadores e traballadoras veñen de lle dar refrendo, por maiorías aplastantes, tanto a nivel nacional coma comarcal a estes compañeiros. Veñen de decirlle que queren que sexan eles os que sigan tirando do seu convenio e das súas reivindicacións.
Veñen de lle decir ós que boicoteaban que xa é tempo de que se boten a un lado e deixen traballar. Os que pedían, sen rubor, ir nos primeiros de maio con UGT e CC.OO. acaban de comprobar que dende a lonxanía das fábricas non se pode marcar liña. Afortunadamente!

Grande ledicia!




Para aqueles que cremos no movemento obreiro, hoxe estamos moi ledos. A Central Sindical, na que conformamos parte, tivo neste fin de semán tres congresos.Un nacional de químicas e dous comarcais de federación na primeira cidade do país. A ledicia de ver a traballadores moi combativos, ó frente de federacións tan importantes coma a Banca, Metal, ou mesmamente Químicas.
Lonxe dos acomodados que nalgun caso estiveron durante vinte longos anos, incluso cuestionando loitas obreiras, porque se lles perturbaba a súa vida de comodidades.
Os traballadores e traballadoras foron quen de darlle un novo rumbo e viraxe radical cara esquerda. Coma ten de ser. Luciano, Alberte, e Simón, parabens do movemento obreiro.

quinta-feira, 24 de junho de 2010

Xuizo contra dous traballadores do CHUVI!


Mañan venres 25 de xuño van ser xulgados dous traballadores polo grave feito de terse manifestado diante dun acto de Feijoó, e berrarlle consignas en defensa da sanidade pública e contra da privatización.
A paradoxa dos feitos é que cinco policías querendo gañar méritos presentan unha denuncia contando algo que endexamais aconteceu.
Non houbo máis que empurróns e insultos deles, aínda que agora queiran ir de víctimas.
Naquel día estaban tamen manifestandose os afectados do porto seco de Salvaterra, e as compañeiras da Cruz Vermella.
Todos e todas fomos tratados de moi mal xeito, por aqueles que agora se presentan nos xulgados coma víctimas.
Sabemos coma se comportan éstes, e iso non é suficiente para amedrentarnos.
Estaremos ás portas do xulgado cos compañeiros Juan carlos, e Garrido. Sen medo á represión. Estaremos, de frente, defendendo algo tan elemental e necesaria coma é a Sanidade Privada. Animo compañeiros!

sexta-feira, 18 de junho de 2010

NON A REFORMA LABORAL





Novos deseños!

Dende aquí un saúdo a Cameselle, que ultimamente está moi descentrado. O enemigo non somos nós, aínda que dende que vai CC.OO ós congresos do PP, xa non sabe un...



terça-feira, 15 de junho de 2010

E tempo de folga xeral!



Un se pergunta que máis lle fai falla ós "sindicatos do sistema" para sair á rúa. Evidentemente non ten moita lóxica enfrentarse a quen lles manten as estructuras e os salarios, máis pola contra os traballadores e traballadoras deberan pedirlle algunha explicación a tanta pasividade e xustificación.
Un non pode entender coma un afiliado ou afiliada de UGT e CC.OO non racha definitivamente con esta tropa. Non o entendo, por máis que o intentamos.
Ben e certo que moitos destes afiliados e afiliadas berran coma nós, e con forza. Folga xeral, xa! Folga xeral, XA!
Falar de setembro coma posibilidade de data é canto menos unha burla a todos e todas. A folga debera ter sido hai xa moito tempo, para combatir unha reforma cando todavía era unha pretensión, máis en setembro que nos digan para que... se serve de algo!
Outro camiño ben distinto é o que precisamos, a clase traballadora. Aínda que nos manden ós de sempre para criminalizarnos.

segunda-feira, 31 de maio de 2010





Refrescando a memoria!

Mas mobilizacións!

Mañan martes teremos unha nova manifestación ás 11:00 horas.sairádende a entrada do Hospital Xeral-Cies e percorrerá parte do entorno e a volta na Praza dos cabalos. Unha vez máisotemaé en defensa da sanidade pública,e nadefensa de tódolos postos de traballo. Os primeiros martes de mes dende o Hospital Xeral, e os segundos martes de cada mes dende o hospital do Meixoeiro.
Tamen haberá unha asemblea ás 13:30 horas,máis non temos a máis minima intencion en acudir ó que vai ser un aburrido monólogo dun elemento impresentábel da xunta de persoal.
Despois,o dia dous,haberá unha manifestación en O Barco, tamén en defensa da sanidade pública. Será ás 20:00 horas e haberá autobuses dende o Hospital Xeral-Cies.
Acudiremos,pese ó esforzo que isto conleva.

quarta-feira, 26 de maio de 2010

Charla-Coloquio, na FAISCA

Hoxe, mércores 26 de maio, temos unha cita ás 20:00 horas na Faisca. Falaremos, xunto con Manuel Moreira, dos ventos privatizadores que se nos veñen enriba dun modelo sanitario público.
A loita pola defensa deste modelo sanitario é algo que nos compete a todos e todas. Máis alá da perda de 1.500 postos de traballo hai tamén o derrube de todo aquelo que teña o máis mínimo cheiro a público.
Para o neoliberalismo hai negocio mercantil en tódolos sectores da sociedade. Incluso na saúde, ensino, administracións,..., absolutamente en todo.
A gravidade é tal que ou freamos en Vigo o seu primeiro embite, ou entrarán polo país coma xa fixeron no resto do estado español.
Xa falan directamente e sen taparse do sistema de Copago. A máis dos impostos que temos para manter estes sewrvizos públicos teremos un novo pago por cita a consulta, a urxencias, ..., coma xa ben sendo noutros lugares.
E tempo de rebeldía, máis a ausencia de organizacións sindicais, sen ser costeadas polo estado, fannos un pouco bastante máis dificil na nosa loita. CC.OO. e UGT. estan a dia de hoxe máis preocupados en lavala súa imaxe, que en facer o que lles debería nestes tempos. Unha folga xeral que demanda toda a clase traballadora, máis que só a CIG fai propio tal discurso.
A realidade é que en solitario non hai capacidade, e iso que falamos de 90.000 afiliados e afiliadas polo pais.
E abofé que é unha magoa, porque é tempo de arma-la! E tempo de sai á rúa, con todo!

Hospital Xeral-Cies

Hai homes que loitan un dia e son bos,
hai homes que loitan un ano e son millores,
hai os que loitan moitos anos e son moi bos;
mais hai os que loitan toda a vida, eses son os imprescindíbeis.
Bertol Brech.
Que dicer dos que se sirven da clase traballadora, erixindose na súa voz, e non deixan de ser can do seu amo.
Traizoar aos traballadores e traballadoras non pode nen debe ser perdoado.
Cecais sexa o momento de darlles as costas a CC.OO. e o CSIF e organizarse sen eles. Cecais sexa o momento de que unha a unha tódalas centrais se vaian posicionando. De que lado están?
Alguns estan desexando ter un pretexto para rachar co conflicto e adicarse a outras cousas. Deberán ser eles quen llelo expliquen á súa afiliación. Que o fagan. Queremos ve-lo, e os convidamos a que o fagan.

terça-feira, 25 de maio de 2010





A loita pola sanidade publica!


En breve imos sinalar novas mobilizacións no conflicto pola defensa da sanidade pública, e pola defensa dos 1500 postos que se pretenden eliminar no complexo hospitalario de Vigo, CHUVI.
Hoxe haberá unha asemblea dos traballadores e traballadoras da cociña e lencería, convocada por eles mesmos.
A loita está a ser longa e hai de facer cousas, constantemente. Para o primeiro martes de mes haberá unha concentración-manifestación por diante do hospital Xeral-Cies. Para o segundo martes de mes a mesma acción, máis no hospital do Meixoeiro. A idea é dar continuidade e non ficar parados.
Veñen polo medio meses de vran e hai de se manter activos. A ver quen gaña finalmente esta batalla.

domingo, 16 de maio de 2010

O noso despacho confortábel!


Con TDT, Tarteiras De Todo tipo.
Con Climatización, auga quente e fría.
Tración animal por frotación.
Espazo suficiente, outros en menos che fan un apartamento.
Non ten vistas á ría porque esta pasa por baixo dos nosos pes. Sempre mollados/as.
(Sen humor o cabreo podería ser maior)

Pliegos para vencernos!

Na loita pola defensa da sanidade pública levamos un novo atranco. O Partido popular ven de por enrib da mesa un pliego para a licitación dun novo hospital 100% privado. Ainda que nos medios de comunicación o que nos venden é o contrario en máis de 1.000 páxinas recollen unha extratexia ben diseñada para dar dez pasos dun tirón na marcha a prol da privatización.
A sociedade ten de se posicionar xa. Non caben máis pasos en falso ou tibiedades.
E certo que háberá despedimentos. Falamos de 1.000 traballadores e traballadoras na rúa. Falamos dun sector de traballadores e traballadores donde o 80 % pasan dos 50 anos. Donde non é menor esta porcentaxe de mulleres. Falamos de xente sen formación académica, sen demasiada cualificación. Parados e paradas a perpetuidade na maior parte dos casos. Homes e mulleres que logo dunha vida de traballo, con salarios moitisimas veces inferiores ós 1.000 euros, van ver coma non teñen de que viver.
A dereita reaccionaria fala de funcionarios coma se fosemos acomodados. Aquí ides ver fotografías do meu centro de traballo para que vexades in situ da nosa comodidade e do noso confort.

sexta-feira, 14 de maio de 2010

sexta-feira, 7 de maio de 2010

NOVOS TEMPOS SON CHEGADOS!

Hai xente que decía que este modelo sindical estaba caduco, e non tiña cabida no presente. Os traballadores e traballadoras do metal apostaron incondicionalmente polo que durante decadas deu-lle seus froitos.
Incansábeis na defensa dos sus intereses e dereitos mantiveronse firmes fronte a todo tipo de adversidades, políticas, represión policial, e mesmo sindicalismo pactista de todalas centrais que non teñen xa moi claro para quen traballan.
A resposta sempre represiva dos políticos de turno non foron quen de dobregar vontades e coraxe. O poder obreiro está moi por riba destes pequenos disfrazados.

A realidade é que o modelo combativo, organizado e asembleario, estivo, está e estará sempre vixente.
Bombardearon ós traballadores do metal dende a patronal, o eido da política, e mesmo sindical, que todo foi un erro. Eles, o pasado 5 de maio, refrendaron ós seus representantes dentro da CIG, central maioritaria do sector, fronte ós estómagos agradecidos que só pensan en chegar a fin de mes; ou no millor dos casos á xubilación acomodada. Uns porque nunca traballaron e outros porque hai tempo que fusiron do traballo para viver dun xeito cómodo e tranquilo.
Os homes e mulleres do metal apostaron por seguir na liña da loita obreira. Somos moitos e moitas os que a diario falamos coa boca grande do CHE GUEVARA, máis son moi pouquiños os que predican seu exemplo: MAIS VALE MORRER DE PE, QUE VIVER SEMPRE ARRODILLADO!

quarta-feira, 28 de abril de 2010

1º de Maio!

Dia de reivindicación obreira. Na manifestación da CIG, que partirá as 12 dende o Calvario, coma tódolos anos, haberá traballadores e traballadoras de tódalas empresas de Vigo e bisbarra. Son moitas as que estan a ter moitos despedimentos, expedentes de regulación de emprego, e en definitiva son moitos os traballadores e traballadoras afectadas por unha situación moi complicada.
Dende hai moito tempo a CIG camiña no primeiro de maio en solitario polas rúas de Vigo, máis faino a gusto e convencida de que é o millor para a clase traballadora. Nos estamos pola defensa dos intereses dos homes e mulleres que viven do seu traballo. Outros, non. Outros terán de demostrar non poucas cousas antes de poder afirmar cun minimo de credibilidade. Hai tempo que trocaron ese verbo polo de firmar, ou asinar, e alegremente o fan contra dos intereses da clase traballadora. Pasar de 15 a 35 anos de período de cotización para ter dereito á xubilación foi grazas entre outros a UGT e CC.OO.
Que lles vaia bonito na súa manifestación unitaria e que sexan 100.000. Nós non imos chegar as metas por eles marcadas, pobre de nós. Máis seguro que os traballadores e traballadoras saberán que é o millor para eles. Patria ou Morte! Viva o 1º de maio!

segunda-feira, 26 de abril de 2010

Comentarios!

Atras quedou unha seman do máis completa. Mobilizacións d a Cruz Vermella, do Hospital Xeral e Meixoeiro, Concentración e recibimento "axeitado" ó Feijoó. (máximo responsábel das desfeitas da nosa sanidade) Palestra na cova dos ratos, e manifestación en Compostela en defensa de tódolos servizos públicos.
As mañas da policía, dirixidas polos poderes políticos, tamén endureceron a súa postura. Pasamos de ser silenciados a criminalizados, máis iso xa estabano seu guión.
Pensaban que isto sería cousa de duas ou tres semáns; máis seguimos na loita pola defensa dos nosos intereses, sociais e laborais.
Teremos tamén en contra a esas centrais sindicais que xogan ó tema das subvencións a tódolos níveis. Os que amedrentan ós traballadores e traballadoras con medo de ser identificado e multado. A eles decirlles que o meu traballo vale máis que 600 euros de multa ou algún porrazo. E máis, iso nos da máis razóns e máis forzas para seguir a pelexar pola defensa das causas xustas.
Nos conflictos só gañan aqueles e aquelas que se saben sobrepor ó medo. Os demáis son pasto das lapas da terra queimada que os politicos van deixando a ambolos lados do camiño polo que se marcan.
Non houbo, non hai, e non haberá endexamais unha loita que se teña gañada dende a pasividade. Pola contra as que se gañan son as da loita!

25 de Abril, por Compostela!






Onte tocou defendelos servizos públicos polas rúas de Compostela. Todolos colectivos de servizos afectados polos ventos privatizadores demonos cita para berrar con forza que non imos tolerar a perda dun só dereito ou servizo. Que non pode haber un só paso atrás nesta loita.
Convocados pola CIG asistimos varios milleiros de galegos e galegas, por fin, baixo un dia sen choiva.
Compre salientar que había traballadores doutras centrais sindicais que non teñen manifestacións das súas centrais. Parece que non vai coneles. E máis, o dia anterior estaban no congreso comarcaal do PP en Vigo. Sorprendentemente así foi. Algún non damos crédito xa das cousas aínda que logo entendemos outros comportamentos que van moi lonxe dos intereses sindicais dos traballadores e traballadoras. Máis serán estes os que teñan de explica-lo ós seus.