domingo, 27 de junho de 2010

Un novo apoio ás loitas do pasado ano no sector do Metal!


Moitos e moitas adicaronse nos últimos tempos a falar do grande fracaso nas loitas obreiras do Metal, pola negociación dun convenio colectivo. A cada quen máis "brilante" buscando culpábeis de non ter acadado un éxito aínda maior.
Todo era soportado polos compañeiros e compañeiras que estiveron ó frente, e na rúa, cos traballadores e traballadoras.
Acontece que 2010 está a ser un ano lapidario para aqueles que decían que todo fora un grande erro.
Casualmente, neste ano, os traballadores e traballadoras veñen de lle dar refrendo, por maiorías aplastantes, tanto a nivel nacional coma comarcal a estes compañeiros. Veñen de decirlle que queren que sexan eles os que sigan tirando do seu convenio e das súas reivindicacións.
Veñen de lle decir ós que boicoteaban que xa é tempo de que se boten a un lado e deixen traballar. Os que pedían, sen rubor, ir nos primeiros de maio con UGT e CC.OO. acaban de comprobar que dende a lonxanía das fábricas non se pode marcar liña. Afortunadamente!

Grande ledicia!




Para aqueles que cremos no movemento obreiro, hoxe estamos moi ledos. A Central Sindical, na que conformamos parte, tivo neste fin de semán tres congresos.Un nacional de químicas e dous comarcais de federación na primeira cidade do país. A ledicia de ver a traballadores moi combativos, ó frente de federacións tan importantes coma a Banca, Metal, ou mesmamente Químicas.
Lonxe dos acomodados que nalgun caso estiveron durante vinte longos anos, incluso cuestionando loitas obreiras, porque se lles perturbaba a súa vida de comodidades.
Os traballadores e traballadoras foron quen de darlle un novo rumbo e viraxe radical cara esquerda. Coma ten de ser. Luciano, Alberte, e Simón, parabens do movemento obreiro.

quinta-feira, 24 de junho de 2010

Xuizo contra dous traballadores do CHUVI!


Mañan venres 25 de xuño van ser xulgados dous traballadores polo grave feito de terse manifestado diante dun acto de Feijoó, e berrarlle consignas en defensa da sanidade pública e contra da privatización.
A paradoxa dos feitos é que cinco policías querendo gañar méritos presentan unha denuncia contando algo que endexamais aconteceu.
Non houbo máis que empurróns e insultos deles, aínda que agora queiran ir de víctimas.
Naquel día estaban tamen manifestandose os afectados do porto seco de Salvaterra, e as compañeiras da Cruz Vermella.
Todos e todas fomos tratados de moi mal xeito, por aqueles que agora se presentan nos xulgados coma víctimas.
Sabemos coma se comportan éstes, e iso non é suficiente para amedrentarnos.
Estaremos ás portas do xulgado cos compañeiros Juan carlos, e Garrido. Sen medo á represión. Estaremos, de frente, defendendo algo tan elemental e necesaria coma é a Sanidade Privada. Animo compañeiros!

sexta-feira, 18 de junho de 2010

NON A REFORMA LABORAL





Novos deseños!

Dende aquí un saúdo a Cameselle, que ultimamente está moi descentrado. O enemigo non somos nós, aínda que dende que vai CC.OO ós congresos do PP, xa non sabe un...



terça-feira, 15 de junho de 2010

E tempo de folga xeral!



Un se pergunta que máis lle fai falla ós "sindicatos do sistema" para sair á rúa. Evidentemente non ten moita lóxica enfrentarse a quen lles manten as estructuras e os salarios, máis pola contra os traballadores e traballadoras deberan pedirlle algunha explicación a tanta pasividade e xustificación.
Un non pode entender coma un afiliado ou afiliada de UGT e CC.OO non racha definitivamente con esta tropa. Non o entendo, por máis que o intentamos.
Ben e certo que moitos destes afiliados e afiliadas berran coma nós, e con forza. Folga xeral, xa! Folga xeral, XA!
Falar de setembro coma posibilidade de data é canto menos unha burla a todos e todas. A folga debera ter sido hai xa moito tempo, para combatir unha reforma cando todavía era unha pretensión, máis en setembro que nos digan para que... se serve de algo!
Outro camiño ben distinto é o que precisamos, a clase traballadora. Aínda que nos manden ós de sempre para criminalizarnos.