domingo, 16 de maio de 2010

O noso despacho confortábel!


Con TDT, Tarteiras De Todo tipo.
Con Climatización, auga quente e fría.
Tración animal por frotación.
Espazo suficiente, outros en menos che fan un apartamento.
Non ten vistas á ría porque esta pasa por baixo dos nosos pes. Sempre mollados/as.
(Sen humor o cabreo podería ser maior)

Pliegos para vencernos!

Na loita pola defensa da sanidade pública levamos un novo atranco. O Partido popular ven de por enrib da mesa un pliego para a licitación dun novo hospital 100% privado. Ainda que nos medios de comunicación o que nos venden é o contrario en máis de 1.000 páxinas recollen unha extratexia ben diseñada para dar dez pasos dun tirón na marcha a prol da privatización.
A sociedade ten de se posicionar xa. Non caben máis pasos en falso ou tibiedades.
E certo que háberá despedimentos. Falamos de 1.000 traballadores e traballadoras na rúa. Falamos dun sector de traballadores e traballadores donde o 80 % pasan dos 50 anos. Donde non é menor esta porcentaxe de mulleres. Falamos de xente sen formación académica, sen demasiada cualificación. Parados e paradas a perpetuidade na maior parte dos casos. Homes e mulleres que logo dunha vida de traballo, con salarios moitisimas veces inferiores ós 1.000 euros, van ver coma non teñen de que viver.
A dereita reaccionaria fala de funcionarios coma se fosemos acomodados. Aquí ides ver fotografías do meu centro de traballo para que vexades in situ da nosa comodidade e do noso confort.

sexta-feira, 14 de maio de 2010

sexta-feira, 7 de maio de 2010

NOVOS TEMPOS SON CHEGADOS!

Hai xente que decía que este modelo sindical estaba caduco, e non tiña cabida no presente. Os traballadores e traballadoras do metal apostaron incondicionalmente polo que durante decadas deu-lle seus froitos.
Incansábeis na defensa dos sus intereses e dereitos mantiveronse firmes fronte a todo tipo de adversidades, políticas, represión policial, e mesmo sindicalismo pactista de todalas centrais que non teñen xa moi claro para quen traballan.
A resposta sempre represiva dos políticos de turno non foron quen de dobregar vontades e coraxe. O poder obreiro está moi por riba destes pequenos disfrazados.

A realidade é que o modelo combativo, organizado e asembleario, estivo, está e estará sempre vixente.
Bombardearon ós traballadores do metal dende a patronal, o eido da política, e mesmo sindical, que todo foi un erro. Eles, o pasado 5 de maio, refrendaron ós seus representantes dentro da CIG, central maioritaria do sector, fronte ós estómagos agradecidos que só pensan en chegar a fin de mes; ou no millor dos casos á xubilación acomodada. Uns porque nunca traballaron e outros porque hai tempo que fusiron do traballo para viver dun xeito cómodo e tranquilo.
Os homes e mulleres do metal apostaron por seguir na liña da loita obreira. Somos moitos e moitas os que a diario falamos coa boca grande do CHE GUEVARA, máis son moi pouquiños os que predican seu exemplo: MAIS VALE MORRER DE PE, QUE VIVER SEMPRE ARRODILLADO!

quarta-feira, 28 de abril de 2010

1º de Maio!

Dia de reivindicación obreira. Na manifestación da CIG, que partirá as 12 dende o Calvario, coma tódolos anos, haberá traballadores e traballadoras de tódalas empresas de Vigo e bisbarra. Son moitas as que estan a ter moitos despedimentos, expedentes de regulación de emprego, e en definitiva son moitos os traballadores e traballadoras afectadas por unha situación moi complicada.
Dende hai moito tempo a CIG camiña no primeiro de maio en solitario polas rúas de Vigo, máis faino a gusto e convencida de que é o millor para a clase traballadora. Nos estamos pola defensa dos intereses dos homes e mulleres que viven do seu traballo. Outros, non. Outros terán de demostrar non poucas cousas antes de poder afirmar cun minimo de credibilidade. Hai tempo que trocaron ese verbo polo de firmar, ou asinar, e alegremente o fan contra dos intereses da clase traballadora. Pasar de 15 a 35 anos de período de cotización para ter dereito á xubilación foi grazas entre outros a UGT e CC.OO.
Que lles vaia bonito na súa manifestación unitaria e que sexan 100.000. Nós non imos chegar as metas por eles marcadas, pobre de nós. Máis seguro que os traballadores e traballadoras saberán que é o millor para eles. Patria ou Morte! Viva o 1º de maio!

segunda-feira, 26 de abril de 2010

Comentarios!

Atras quedou unha seman do máis completa. Mobilizacións d a Cruz Vermella, do Hospital Xeral e Meixoeiro, Concentración e recibimento "axeitado" ó Feijoó. (máximo responsábel das desfeitas da nosa sanidade) Palestra na cova dos ratos, e manifestación en Compostela en defensa de tódolos servizos públicos.
As mañas da policía, dirixidas polos poderes políticos, tamén endureceron a súa postura. Pasamos de ser silenciados a criminalizados, máis iso xa estabano seu guión.
Pensaban que isto sería cousa de duas ou tres semáns; máis seguimos na loita pola defensa dos nosos intereses, sociais e laborais.
Teremos tamén en contra a esas centrais sindicais que xogan ó tema das subvencións a tódolos níveis. Os que amedrentan ós traballadores e traballadoras con medo de ser identificado e multado. A eles decirlles que o meu traballo vale máis que 600 euros de multa ou algún porrazo. E máis, iso nos da máis razóns e máis forzas para seguir a pelexar pola defensa das causas xustas.
Nos conflictos só gañan aqueles e aquelas que se saben sobrepor ó medo. Os demáis son pasto das lapas da terra queimada que os politicos van deixando a ambolos lados do camiño polo que se marcan.
Non houbo, non hai, e non haberá endexamais unha loita que se teña gañada dende a pasividade. Pola contra as que se gañan son as da loita!

25 de Abril, por Compostela!






Onte tocou defendelos servizos públicos polas rúas de Compostela. Todolos colectivos de servizos afectados polos ventos privatizadores demonos cita para berrar con forza que non imos tolerar a perda dun só dereito ou servizo. Que non pode haber un só paso atrás nesta loita.
Convocados pola CIG asistimos varios milleiros de galegos e galegas, por fin, baixo un dia sen choiva.
Compre salientar que había traballadores doutras centrais sindicais que non teñen manifestacións das súas centrais. Parece que non vai coneles. E máis, o dia anterior estaban no congreso comarcaal do PP en Vigo. Sorprendentemente así foi. Algún non damos crédito xa das cousas aínda que logo entendemos outros comportamentos que van moi lonxe dos intereses sindicais dos traballadores e traballadoras. Máis serán estes os que teñan de explica-lo ós seus.