sábado, 24 de abril de 2010

Os medios xa non poden silenciarnos!


Onte a policía actuou duramente contra das mulleres que defendian a sanidade pública. Tamen contra os homes que vestidos co traxe do frac defendían as súas vivendas e parcelas expropiadas por unha miseria. A miseria da policía é esa, servilismo ó señor ese que goberna contra dos intereses do seu pobo.
Non tiveron o máis mínimo motivo para agredir brutalmente, escondidos cobardemente entre os asistentes e vestidos de paisano, contra dunhas mulleres. Esa é a grandeza do seu traballo. Que alguen lles diga que hai mulleres de policías afectadas nese conflicto. Que algunhas poderían ser a súa nai, máis que lles importa a eles. Sempre a costas da xente; logo entenderán a simpatía que despertan, que é moita.
Os medios, benvidos á realidade que ate o de agora achantaron. Cando eles son victimas dunha refrega saen e boicotean roldas de prensa, coma no seu dia fiseron na folga do metal. Agora teñen unha oportunidade para ser ecuánimes e facelo propio, boicoteando unha rolda de prensa convocada polo Feijoó. Nos, ilusos, agardamos!

Palestra na cova dos ratos!




Onte tivemos a oportunidade de falar da sanidade pública e do que queren facer conela os elementos do PP.
Grazas ó foro que nos abriron tivemos unha ocasión inmellorabel nun entorno idoneo, moi acolledor.
Tivemos a sorte de compartir "cartel" con Manolo Moreira. Quen nos fixo unha exposición do máis pedagóxica e con gráficas que amenizaron a cantidade de dados que nos trouxo.
Dende eiquí queremos agradecer que se nos teña convidado, e nos recomendamos este lugar onde poder un tomarse algo e charlar con total comodidade.

Venres movidito, con Feijoó por Vigo!





Onte viña o Feijoó a inaugurar sabe deus que cando se atopou con que o mogollón de despedidos e despedidas que vai deixando ó seu paso, xunto cos afectados do porto seco de Salvaterra, lle fiseron un paseo máis que "triunfal".
Onte poido ver coma ten unha morea de votos agardando por él en Vigo e bisbarra. Debera darse conta de que a cousa se lle está a por "malita", aínda que terá de ver se llelo arranxan na sanidade privada. Eu non confiaría demasiado, máis alá él.
Gostarianos saber onde vai facelo chalet cos cartos que lle van dar por vende-la sanidade. Canto lle dan? Se non quere vir máis por Vigo. Teremos unhas oficinas do INEM repletas de despedidos e despedidas. Quererá vir a inauguralas? Esa sí que pode dicer que é obra súa!

quinta-feira, 22 de abril de 2010

terça-feira, 20 de abril de 2010

domingo, 18 de abril de 2010

Mais accions na vindeira seman!


O vindeiro mércores todos e todas temos unha cita en Vigo. As 20:00 manifestación de apoio ás 70 persoas que van quedar sen emprego, porque a Cruz vermella quere pechalo seu hospital deixando a Vigo sen un dos seus emblematicos centros hospitalarios. sairemos conelas polas rúas da cidade, acompañando a unhas loitadoras incansábeis. Temos de estar conelas, e tí tamén. Ben o teñen merecido, así coma o noso respeito e ademiración.
O xoves tocanos a nos voltar a toma-las rúas da cidade en defensa da sanidade pública. Nesta ocasión sairemos tamén ás 20:00 horas, máis remataremos diante da delegacion provincial do SERGAS.
O venres nova charla, Na cova dos ratos, en Rúa Romil, nº 3. Falarán Candido Gonçálves, e a ver se pode acompaña-lo Manolo Moreira.
O 25 de Abril, dia da revolución dos craveis teremos unha manifestación en Santiago, en defensa dos servizos públicos. aínda que convocada pola CIG. Non imos faltar, aínda que temolo corazón partido pola mani en Portugal.