segunda-feira, 5 de abril de 2010

Parados do Naval

Acabamos de estar con dous dos compañeiros que estan a formar parte deste asentamento e comentan que estan a receber moitas mostras de apoio e solidariedade. Fronte ós que os querían criminalizar hai uns meses dende medios de comunicación afíns ó PP a realidade está a ser ben outra. Coma dicía hoxe, Sofi Barreiro, todos somos UN!
As mostras de adhesión á súa causa estan a ser a millor resposta á tanta destrución de emprego, a tanto desmán de catro aproveitados que se queren enriquecer a costa de quen lles caia por diante. A resposta está a ser: loita, sen tregua!
Mañan van te-la presenza da televisión privada TELECINCO. Será interesante ver coma este traballadores e traballadoras, dispostas a todo, saen para o resto do Estado. A súa problemática é a nosa. Animo compañeiros e compañeiras!

sábado, 3 de abril de 2010

www.chuvisolucion.blogspot.com

Outro dos espacios creados para vencer ó illamento informático que padecemos. Creado dende o primeiro dia do conflicto e moi visitado POR TODOS E TODAS. Duas mil seiscentas entradas en tan pouco tempo foron a mostra máis evidente de que con imaxinación, inxenio, podemos rachar con todas e cada unha das barreiras que nos levanten.
Un conflicto, un blog. Unha loita, un blog,...
Que importa que eles non conten de nós, se nós temos lugares de reunión, de debate. Fagamoslle un estado paralelo. Non precisamos deles, e eles si dos traballadores e traballadoras.

Do 25 de Marzo á grande a nivel Nacional!





Algunha destas pancartas era da plataforma en defensa da sanidade pública, de Ferrolterra. Agora tocanos a nos ir a Ferrol, a nos manifestar o vindeiro domingo 11 de Abril coneles polas rúas de Ferrol. Aquelas que hai moitos anos foron testemuña directa do asasinato de dous traballadores do Naval, Amador e Daniel, sempre presentes na nosa mente e no noso corazón.
Antes teremos, o vindeiro mércores, unha manifestación polo mesmo tema, en Pontevedra.
A loita é o camiño, e imos loitar ata vencer. Sería un crime imperdoábel non face-lo. Por nós, e por tódolos homes e mulleres que durante anos e anos pagaron co seu esforzo o dereito á nosa saúde, adiante!

Seman de relax previa a unha de mobilizacións!

Na seman que entra imos ter unhas mobilizacións en Pontevedra e Ferrol. A idea é a de traballar cara unha grande mobilización no país. Compostela ten de recoller a máis grande manifestación. Esa qure nos leva na mente ás feitas cando a marea negra do Prestige. Daquela po goberno do Pp tambaleouse de tal xeito que hoxe unha semellante failles tremer. A idea de poder pasar polo mesmo é a posibilidade máis real que temos de vencer.
Non temos que mirar cara o estado español, xa que a nosa forza quedaría moi diluida no conxunto xeográfico. temos de ser quen sen complexos fagamos frente a estes españois que nos queren importar seu modelo sanitario, precisamente privado e importado dende España.
Agora temos de pelexar porque na Galiza o noso sistema sanitario sega aser igual. Publico e de Calidade!

Abril vencerá!

Que paradoxa! Frente ó Campamento dos parados do Metal a xente que non quere ver unha realidade consumindo coma se nada acontecese. A realidade tamén é esta. Non vai comigo, ata que son un dos afectados e afectadas.
A súa acción de se mobilizar está tendo xa moitos ollos e corazóns obreiros de apoio. Cada vez son máis. A resposta a este humilde espacio está a ter moi boa incidencia entre os traballdores e traballadoras da Sanidade Pública. Temos de extendelo coma un regueiro de polvora. A que nos leve a publicitar cun grande estruendo que nos non imos ficar calados. Imos batallar, coma traballadores e traballadoras que somos. De non ser así non seremos merecedores da nosa clase social. Patria ou Morte!

Coma non pode ser doutro xeito. Quen millor recolle o sentimento de rebeldía que un Che Guevara ou un Moncho Reboiras?

quinta-feira, 1 de abril de 2010






Esta é a imaxe dun dia de Abril pola fachada dun hospital. paradóxicamente tamén queren pecha-lo. Nada que cheire a público. Son 70 persoas as que poden quedarse sen emprego de se aplicar a súa brillante idea. Dende aquí manifestar a nosa admiración pola súa incansábel loita, dia a dia. Non hai cansancio na súa loita. Un dia, e outro tamen, rachando con ideas e mobilizacións novedosas, ó silenciamento dos medios de comunicación pagados polo PP. animo compañeiras!

1 de Abril de 2.010!






Hai hoxe un mes uns compañeiros e compañeiras do Metal acordaban monta-lo seu asentamento diante da Xunta de Galiza, en Vigo. Pouco a pouco o número foise incrementando, e este seguro seguirá aumentando.
Hoxe fomos visita-los para amosarlle todolo noso apoio e a nosa admiración pola súa firme decisión de pelexar por algo tan elemental coma é o dereito ó traballo.
Recibiron-nos con moita cortesía e amosaronnos todo o que levan "construido e organizado".
Pretendemos facerles chegar tódolos días as mostras de apoio incondicional da clase traballadora galega. Cada comunicado de apoio das diferentes seccions sindicais, comités de empresa, ou traballadores/as que a xeito individual así o fagan verán coma lles cae nas súas mans. Temos de lle da-lo calor que hoxe por hoxe non teñen nin da climatoloxía, nin daqueles que supostamente son os seus gobernantes.
Aquí unha pequena elección de fotos para que vexades que ben organizados estan. Ata teñen despensa, cociña, ... Unha perfeita organización para unha millor loita. A que eles van ver coma acadan con grande éxito. Animo compañeiros, estamos a morte con vos. Venceremos!